Guia docente 2023_24
Programa Universitario de Maiores
Vigo - Universitario en Cultura e Sociedade
 Materias
  Zooloxía: a diversidade do mundo animal
   Contidos
Tema Subtema
Tema 1.- A utilidade de coñecer os animais. Unha breve historia.
Tema 2.- Diversidade animal e clasificación. Como identificar animais.
Tema 3.- As Esponxas. Son animais as esponxas?. Estrutura e funcións vitais: a importancia dunha corrente de auga. As esponxas de baño e outras aplicacións do grupo.
Tema 4.- Os Cnidarios: os animais-planta, entre a mitoloxía e a realidade. O pólipo e a medusa. A colonia: estrutura e reparto de traballo. Por que pican as medusas? As células urticantes. Plumas e abanicos de mar, anemones, corais e arrecifes.
Tema 5.- Os Platelmintos. Os vermes planos: animais simples con ciclos de vida complexos. Súa importancia como parasitos: a solitaria e compañía.
Tema 6.- Os Nematodos. Os vermes redondos: unha multitude invisible. A importancia na natureza e a súas relacións có home.
Tema 7.- Os Moluscos. Importancia e diversidade: 100.000 especies de caracois, lesmas, ameixas, polbos y luras. A explotación dos moluscos: pesquerías, cultivo, colecionismo.
Tema 8.- Os Anélidos. Os vermes segmentados. Estrutura e significado da segmentación. Vermes de mar, miñocas e samesugas. Dende o seu emprego na medicina da Idade Media ata a súa importancia no reciclado de residuos no século XXI.
Tema 9.- Os Artrópodos. Os grandes conquistadores do Planeta: máis dun millón de especies de animais coas patas articuladas. Estrutura básica e diversidade: quelicerados, crustáceos, miriápodos e insectos (arañas e escorpións; camaróns, gambas e cangrexos; cempés e milpiés; escaravellos, bolboretas, moscas e mosquitos). Relacións co home, unhas boas (mel, seda, fonte de alimento, polinización) e outras non tan boas (pragas, formas velenosas, transmisión de enfermidades).
Tema 10.- Os Equinodermos. Animais con espiñas na pel. A importancia do número 5 nun grupo deseñado para confundir os zoólogos. As estrelas, ourizos, cogombros de mar e outros parentes menos coñecidos.
Tema 11.- Os Cordados. Os vertebrados e outros grupos sorprendentes. As súas características e a súa diversidade: peixes, anfibios, réptiles, aves e mamíferos.
Práctica 1.-Veranse distintos exemplares de parte dos grupos explicados en teoría. Usaranse claves dicotómicas para a identificación de especies.
Práctica 2.- Veranse distintos exemplares do resto dos grupos explicados en teoría. Levarase a cabo a disección dun peixe.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000