Guia docente 2023_24
Programa Universitario de Maiores
Vigo - Universitario en Cultura e Sociedade
 Materias
  Obradoiro de física básica e astronomía recreativa
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
* Mantéñense as metodoloxías docentes de lección maxistral, prácticas TIC, traballo e presentación, que se implementarán co apoio das ferramentas postas a disposición pola
Universidade de Vigo (Foro Moovi, Campus Remoto, etc).
* Metodoloxías docentes que se modifican
Visita ao observatorio. Tentaríase cambiar a data da actividade para poder trasladarse ao observatorio e realizar a práctica con seguridade. En caso necesario pódese substituir por unha actividade alternativa no campus de Vigo. En caso de que isto tampouco sexa posible plantexarase actividade virtual alternativa.
Continuaríase có apoio de MOOVI, e de Campus Remoto e/ou outras ferramentas en caso necesario.
* Mecanismo de atención ao alumnado (titorías)
Mediante cita previa, nos despachos do profesorado e/ou con medios online disponibles: MOOVI, Campus Remoto e/ou outras ferramentas disponibles en internet (tipo Zoom, Skype, etc.).

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
En MOOVI sempre se indican os materiais necesarios para un axeitado acceso aos contidos da materia en cada curso.
* Outras modificacións
A día de hoxe non se prevén outras modificacións, pero de ser o caso estudaríanse todas aquelas necesarias adicionáis que
fose convinte engadir.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Mantense a ponderación das actividades de avaliación.
* Para a realización das actvidades de avaliación utilizaranse as ferramentas postas a disposición pola Universidade de Vigo
(Moovi, Campus Remoto, etc).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000