Guia docente 2023_24
Programa Universitario de Maiores
Vigo - Universitario en Cultura e Sociedade
 Materias
  A promoción da saúde e do autocoidado
   Contidos
Tema Subtema
Tema 1
DEFINICIÓN DE SAÚDE. A EDUCACIÓN EN SAÚDE. A PROMOCIÓN DA SAÚD. OS RETOS DA PROMOCIÓN DA SAÚDE NUNHA SOCIEDADE MULTICULTURAL:
Educar para a saúde implica dous actores fundamentais: a persoa que educa e a persoa que aprende, este último, en condicións ideais, tamén se converterá nun axente activo da educación para a saúde
Daranse a coñecer os fundamentos teóricos da prevención da saúde mental e da promoción da saúde física e do benestar psicolóxico: Céntrase nas teorías máis relevantes que serven de base para intervencións e programas dirixidos á promoción comportamentos saudables e prevén a aparición de problemas psicolóxicos.
A DECISIÓN COMPARTIDA: Introducirase ó alumno no proceso de toma de decisións: estas deben ser aceptadas conxuntamente entre o profesional sanitario e o paciente.


Tema 2
CONCEPTO DE AUTOCOIDADO. PRINCIPIOS PARA O AUTOCOIDADO. AUTOCONCEPTO. AUTOESTIMA E AUTOVALORACIÓN:
Seguiremos as pautas desenvolvidas por Orem para él o concepto básico é que o coidado de si mesmo defínese como o conxunto de accións intencionadas que realiza a persoa para controlar factores internos ou externos, que poden comprometer a súa vida e o seu posterior desenvolvemento. O coidado de si mesmo é polo tanto un comportamento que a persoa realiza ou debe realizar por si mesma.
Cremos que a autoestima debe ser a base e o motor do noso desenvolvemento, e non unha idea distorsionada que fomente o estancamento, a desconexión cos nosos propios valores e a falta de sentido nas nosas vidas. De aí a importancia de desenvolver e ampliar estes conceptos co alumnado


Tema 3
AUTOACEPTACIÓN. AUTOCONTROL. RESILIENCIA. FACTORES DETERMINANTES DO AUTOCOIDADO. EVOLUCIÓN DAS PRÁCTICAS DE AUTOCOIDADO. FOMENTO DO AUTOCOIDADO:
Considérase que a práctica de apoio realizada por un profesional reflexivo en contextos de vulnerabilidade psicosocial é unha práctica complexa, diversa e dinámica, o requirimento ou demanda cognitivo-emocional que iso implica necesariamente necesitará unha noción e práctica relevantes e eficaces de autocoidado, traducidas ambas. en sentidos asimilables e viables, como ferramentas, técnicas e habilidades practicables. Os alumnos deben introducirse na educación e na atención por pares.


Tema 4
TIPOS DE COIDADOS. COIDADO OU ASISTENCIA A OUTROS: OS COIDAMOS.
COIDADO ENTRE TODOS (COIDÁMONOS). COIDADO DE SI MESMO (CÓIDOME):
Desenvolvermos e estudariamos cada unha das definicións
CARACTERÍSTICAS COMÚNS DAS SITUACIÓNS DOS COIDADOS. O COIDADO DO COIDADOR. TAREFAS FRECUENTES DOS COIDADORES
Valoraremos unha nova patoloxía que é o síndrome o coidador é un trastorno que se produce nas persoas que desempeñan o papel de coidador primario dunha persoa dependente. Caracterízase por esgotamento físico e psíquico. Considérase producido por un estrés continuo (non por unha situación específica) nunha loita diaria contra a enfermidade, e que pode esgotar as reservas físicas e mentais do coidador.
Tema 5
PROBLEMÁTICA ESPECÍFICA I: FEBRE E DOR.
As causas máis comúns que poden causar febre e dor a forma de abordalos.
Tema 6
PROBLEMÁTICA ESPECÍFICA II:
RESUCITACIÓN CARDIOPULMONAR (RCP). O SANGRADO.
ENVELENAMENTOS. PICADURAS.
Esquema xeral do sistema cardiovascular. Como funciona o corazón.
Abordaremos, entre outros, a aplicación precoz e adecuada de manobras de reanimación cardiopulmonar (RCP) en pacientes en parada cardiorrespiratoria (PCR).
O sangue: compoñentes e funcións. Tipos de vasos. Patoloxías asociadas.
Tipos de envelamentos e picaduras: Tratamento e consellos.
Tema 7
PROBLEMÁTICA ESPECÍFICA III: QUEIMADURAS. TRASTORNOS DO SOÑO. TRASTORNOS DA ALIMENTACIÓN
Clasificación y tipos de queimaduras,
Anatomía e fisioloxía do sistema nervioso. Funcións principais. Tipos, causas e consellos nos trastornos do soño
Estrutura xeral, funcións que desempeña na regulación e control do organismo o sistema endócrino e dixestivo. Anorexia e bulimia
Tema 8
PROBLEMÁTICA ESPECÍFICA IV: ALTERACIÓNS DO OLFACTO
Anatomía e fisioloxía das vías respiratorias. Como abordar as patoloxías relacionadas, dende o p.v. dos autocoidados


ALTERACIÓNS DA SENSIBILIDADE. ENFERMIDADES DA PEL, PELO, UÑAS E MUCOSAS.
AS ENFERMIDADES INFECCIOSAS DE TRANSMISION SEXUAL (ITS)
Anatomía da pele, pelo e uñas funcións e patoloxías asociadas. Como abordalas dende o p.v. dos autocoidados.
Tipos de ITS. Vacinas e outros tipos de prevencións.

Tema 9

RESOLUCIÓN DE PEQUENAS LESIÓNS DO APARATO LOCOMOTOR.
Aquí practicaremos a aplicación e usos das cremas, pomadas, ungüentos, fomentos, e vendaxes, torniquetes, inmobilizacións

ENFERMIDADES EMERXENTES: A COVID-19
Definición, situación actual, métodos de prevención, vacinas

Tema 10
PAPEL DO PROFESIONAL DA SAÚDE NO FOMENTO DA PROMOCIÓN DA SAÚDE E DO AUTOCOIDADO: VACINAS RECMENDADAS, PROTECCIÓN SOLAR, MEDICINA ESTÉTICA, BIOMARCADORES DE UTILIDADE CLÍNICA
Tipos de vacinas: Recomendacións de uso
Protectores solares: Composición y recomendacións
Materiais usados para tratamento o fotoavellentamento e o avellentamento fisiolóxico. Como prevelo.
Biomarcadores: tipos e significado.

PROGRAMA PRÁCTICO
Traballos por parte do alumno: Os traballos deben estar enfocados tanto a afondar nos temas tratados, como a corroborar se o alumnado se sabe adaptar a situacións prácticas dos contidos que explicamos tanto nas clases teóricas.
Revisións documentais: Forman parte do proceso de formación do alumno e ofrécenlle a oportunidade de non limitar os coñecementos ó estritamente explicado na clase e mais de fomentar a actitude e o hábito de incrementar a bagaxe cognitiva.
Resolución de casos clínicos acerca dos contidos do programa que serán presentados en clase por parte do alumnado
Simulación de casos clínicos acerca dos contidos do programa



Seminarios e debates: Nos seminarios incidirase nas aplicacións prácticas do temario que axuden tanto ó alumnado coma a sociedade a introducirse na saúde e nos autocoidados.
Haberá debates posteriores e posta en común dos temas tratados.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000