Educational guide 2023_24
Programa Universitario de Maiores
Pontevedra - Universitario en Cultura e Sociedade
 Materias
  Cultura científica
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Cultura científica Código P81P031V21492
Titulación
Pontevedra - Universitario en Cultura e Sociedade
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
1.5 OP 3 1c
Lingua de impartición
Castelán
Prerrequisitos
Departamento
Coordinador/a
Calvo Tarrío, María Josefa
Correo-e info@arenariacoordinacion.com
Profesorado
Calvo Tarrío, María Josefa
Ruíz Muñoz, Yolanda
Torres Freijeiro, David
Web
Descrición xeral Unha das razóns do interese da materia de Cultura Científica é a importancia do coñecemento e da utilización do método científico, útil non só no ámbito da investigación, senón en xeral en todas as disciplinas e actividades. Ademais, o fomento de vocacións científicas é outra das dimensións ás que esta materia debe contribuír.

Por tanto, requírese que a sociedade adquira unha cultura científica básica que lle permita entender o mundo actual e ser quen de tomar decisións baseadas no coñecemento científico en distintos contextos; é dicir, conseguir a alfabetización científica da cidadanía.

O obxectivo principal é acercar a ciencia ao alumnado, e despertar o pensamento crítico.


Os obxectivos específicos son:

- Provocar inquietudes polo mundo que nos rodea.
- Incentivar a curiosidade científica, e conseguir perderlle o medo as “materias de ciencias”
- Entender o porqué das cousas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000