Guia docente 2023_24
Programa Universitario de Maiores
Pontevedra - Universitario en Cultura e Sociedade
 Materias
  Filosofía da ciencia e da tecnoloxía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Para avaliar esta materia sumaranse, de xeito desigual, tres aspectos:
1. Asistencia participativa a clase;
2. Actividades de comprensión e seguimento;
3. Proba ou traballo final.

As actividades de seguimento estarán guiadas polo profesor a través de fichas ou boletíns, requirirán un traballo mínimo ao longo do cuadrimestre, e permitirán que o/a alumno/a retome, reflexione e afonde sobre o exposto e debatido nas clases (20% da cualificación final).

A proba final (última sesión) será tipo test, e versará sobre contidos básicos dos expostos e debatidos na clase (10% da cualificación final).
100
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A asistencia a clase estará controlada nas follas de sinaturas, e será necesario a asistencia a mais dun 80 % das clases para obter o aprobado na materia. Con todo, e por riba desa porcentaxe, a asistencia activa e participativa suporá o 70% da cualificación final.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000