Guia docente 2023_24
Programa Universitario de Maiores
Pontevedra - Universitario en Cultura e Sociedade
 Materias
  Protección do patrimonio cultural
   Contidos
Tema Subtema
I.- INTRODUCIÓN Á NORMATIVA PROTECTORA. I.2.- Breve referencia histórica (lexislación, espolio e restauración).
I.3.- Principal normativa e institucións. Especial referencia LPHE 1985 e LPCG.
I.4.-¿Patrimonio cultural ou histórico?. Tipos de patrimonio.
I.4.-Tipos de bens. Graos ou categorías de declaración.
I.5.- Comercio e exportación. Tráfico de bens.
I.6.- Espolio. Detectores de metais.
I.7.- Achádegos. Tasación.
I.8.- Destrución e sanción.
II.- PROTECCIÓN DO PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO. II.1.-Unha parte do patrimonio: prehistoria, historia antiga e arqueoloxía.
II.2.-Protección do patrimonio arqueolóxico terrestre.
II.3.-Protección do patrimonio arqueolóxico subacuático.
III.- OUTROS TIPOS DE PATRIMONIO. III.1.- O patrimonio cultural inmaterial
III.2.- Os Camiños de Santiago
III.3.- Patrimonio artístico
III.4.- Patrimonio arquitectónico
III.5.- Patrimonio etnolóxico
II.6.- Patrimonio industrial
III.7.- patrimonio científico e técnico
III.8.- patrimonio documental e bibliográfico
IV.- PATRIMONIO CULTURAL E DEREITO URBANÍSTICO. V.1.- Ordenación do Territorio e Ordenación do Litoral en Galicia. Competencias en materia de dereito urbanístico (España/Galicia).
IV.2.-Lei do Chan de Galicia. Mención aos instrumentos de plan.
IV.3.-Lei 1/2019, de 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia.
V.- DOMINIO PÚBLICO, URBANISMO E PROPIEDADE DO CHAN. V.1.-Dominio Público: Réxime xeral, augas, costas, montes, etc. Afeccións da lexislación estatal e da lexislación autonómica.
V.2.-Urbanismo: a súa función pública, contido, urbanismo sustentable.
V.3.-Propiedade do Chan: ámbito competencial e regulación; clases de chan; técnicas de distribución dos beneficios e cargas derivados do plan; réxime de valoracións. especulación, burbullas e mobbing inmobiliario.
VI.- ORDENACIÓN DO TERRITORIO E OS SEUS INSTRUMENTOS. PLAN, XESTIÓN URBANÍSTICA E DISCIPLINA URBANÍSTICA. VI.1.-O plan urbanístico (os estándares urbanísticos, o plan supramunicipal, plans xerais de ordenación municipal, plans de sectorización, plans parciais, estudos de detalle, outras figuras de plan).
VI.2.-A Xestión Urbanística (ou execución do plan) (sistemas de execución dos plans, sistema de compensación, sistema de cooperación, a expropiación como sistema de execución do plan, os convenios urbanísticos, a edificación, a rehabilitación, rexeneración e renovación urbanas en Galicia, etc).
VI.3.-A Disciplina Urbanística (obras sen ou contra licenza ou título habilitante, obras realizadas ao amparo de licenzas ilegais, infraccións urbanísticas, etc).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000