Guia docente 2023_24
Programa Universitario de Maiores
Ourense - Universitario en Cultura e Sociedade
 Materias
  Microorganismos e saúde humana
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Sesións teóricas participativas con apoio audiovisual (diapositivas, películas, conexión a páxinas web, documentos deixados en MOOVI…) nas que se sentan as bases de que son os microorganismos e os virus, como se estudan e cales son as consecuencias das súas actividades para a saúde e o medio ambiente
Prácticas de laboratorio Visita ao Laboratorio de Microbioloxía (primeira pranta do Edificio Politécnico). Descripción do equipamento básico dun laboratorio de microbioloxía e pequenos experimentos de cultivo de microorganismos
Traballo tutelado Aqueles/as estudiantes que queiran, poderán estudiar con máis profundidade unha enfermidade producida por microorganismos ou virus e facer unha presentación do tema elixido
Debate Charla aberta entre un grupo de estudantes. Pode centrarse nun tema dos contidos da materia, na análise dun caso, no resultado dun proxecto, exercicio ou problema desenvolvido previamente nunha sesión maxistral, dependendo dos intereses do grupo de estudantes concreto
Prácticas con apoio das TIC Envío a MOOVI de documentos nos que se comenten noticias ou videos sobre os microorganismos e as súas actividades obtidos de medios de comunicación ou de internet e participación nos Foros de discusión que se xeneren
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000