Guia docente 2023_24
Programa Universitario de Maiores
Ourense - Universitario en Cultura e Sociedade
 Materias
  Diversidade paisaxística e cultural
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Durante as clases maxistrais se combinará a explicación do profesor
apoiada co traballo do alumnado, a través de diversos documentos, vídeos, artigos, etc. que lle serán aportados.
Ademais invitarase ao alumnado a facer achegas aos temas a través dos seus coñecementos e da
súa experiencia persoal.
Prácticas con apoio das TIC Parte das horas que temos dedicarémolas a realizar prácticas con apoio das TIC, buscando
información a través de Internet. Así veremos as posibilidades que nos ofrece o mundo virtual para realizar diferentes cuestións realcionadas coa paisaxe, o arte, o folclore, etc.
Traballo tutelado Durante o cuatrimestre cada alumn@ fará un traballo sobre un aspecto da paisaxe, do arte ou o folclore en Galicia, que será tutelado pola profesora e que presentará ao final do curso aos seus compañeiros
Saídas de estudo As viaxes de estudo parécennos fundamentais en este tipo de materias, xa que pódese comprobar in situ aqueles contidos que damos na clase. Realizaremos dúas viaxes que nos permitirán descubrir a diversidade paisaxística e cultural galega.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000