Guia docente 2023_24
Programa Universitario de Maiores
Ourense - Universitario en Cultura e Sociedade
 Materias
  Intelixencia emocional
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Exposición da materia.
Lección maxistral Exposición por parte da profesora dos contidos sobre a materia obxecto de estudo
Debate Actividade na que se debaterán sobre situacións concretas do día a día para poder analizar a influencia das emocións no quefacer diario.
Estudo de casos A materia presentará un enfoque eminentemente práctico, partindo da propia experiencia do/a participante.
A metodoloxía será dinámica e participativa baseada na transferencia dos coñecementos e técnicas desenvolvidas durante as sesións.
As persoas participantes traballarán a partir dos seus puntos fortes e áreas de mellora, a través de actividades e de casos prácticos, para conseguir desenvolver as súas competencias.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000