Guia docente 2023_24
Programa Universitario de Maiores
Ourense - Universitario en Cultura e Sociedade
 Materias
  Introdución á nosa historia
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Durante as clases maxistrais se combinará a explicación do profesor apoiada co traballo do alumnado, a través de diversos documentos-fonte que lle serán aportados.
Tamén se fomentará o uso e lectura de obras de historia de Galicia e da aplicación dos coñecementos máis aló do exposto na clase polo profesor.
Ademais invitarase ao alumnado a facer achegas aos temas a través dos seus coñecementos e da súa experiencia persoal.
Saídas de estudo As saídas de estudos tórnanse como algo fundamental nesta materia, xa que é un dos camiños para comprobar as pegadas que deixou a nosa historia pasada nos lugares que marcan o noso presente. Por iso, sempre que o presuposto e o horario o posibilite faremos saídas pola cidade e os seus arredores. Ademais, creo que debemos aproveitar as propostas que nos ofrece a cidade: exposicións, conferencias,… que teñan que ver coa materia que imos impartir.
Traballo tutelado Durante o cuatrimestre cada alumn@ fará un traballo sobre un aspecto da Historia de Galicia, que sera tutelado pola profesora e que presentará ao final do curso aos seus compañeiros
Prácticas con apoio das TIC Parte das horas que temos dedicarémolas a realizar prácticas con apoio das TIC, buscando información a través de Internet. Así veremos as posibilidades que nos ofrece o mundo virtual na investigación histórica.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000