Guia docente 2023_24
Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE)
Máster Universitario en Dirección e Administración de Empresas (MBA)
 Materias
  Prácticas en Empresas
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B1 Dominar as técnicas que lle permitan obter e analizar a información, avaliar a súa relevancia e validez, sintetizala e adaptala ao contexto empresarial.
C15 Poñer en práctica os coñecementos adquiridos nas materias fundamentais.
D2 Traballo en Equipo: Integrarse e colaborar de forma activa na consecución de obxectivos comúns con outras persoas, áreas e organizacións.
D3 Comunicación Interpersoal: Relacionarse positivamente con outras persoas a través dunha escoita empática e a través da expresión clara e asertiva do que se pensa e/ou sente, por medios verbais e non-verbais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000