Educational guide 2012_13
Escola de Negocios Caixanova
Máster Universitario en Dirección e Administración de Empresas (MBA)
 Training and Learning Results


Choose A Code Training and Learning Results Specific
  A1 Habilidade para comprender as principais cuestións legais que afectan ao día a día da empresa, desde unha perspectiva mercantil, laboral e fiscal.
  A2 Habilidade para analizar o medio macro e micro económico no que se desenvolve a empresa, así como o seu impacto nas decisións empresariais.
  A3 Habilidade para manexar con soltura as ferramentas ofimáticas, así como para utilizar as ferramentas, aplicacións e sistemas que facilitan a procura e a análise de información.
  A4 Habilidade para diagnosticar a situación económica e financeira da empresa, así como para planificar e controlar as operacións de investimento e financiamento empresarial.
  A5 Habilidade para elaborar o plan de mercadotecnia da compañía.
  A6 Habilidade para elaborar o plan de recursos humanos da empresa.
  A7 Habilidade para deseñar o mapa de procesos da compañía, para diferenciar os procesos clave do negocio e clasificar mediante parámetros as variables que axuden a predicir o output dun sistema produtivo.
  A8 Habilidade para deseñar o plan de internacionalización dunha compañía.
  A9 Habilidade para desenvolver as destrezas necesarias para o exercicio dunha dirección efectiva de equipos de persoas.
  A10 Habilidade para relacionar as diferentes funcións empresariais e comprender o funcionamento da empresa no seu conxunto, así como as interdependencias funcionais dos distintos departamentos.
  A11 Habilidade para diagnosticar a situación estratéxica dunha compañía, así como para deseñar, implantar e controlar plans de acción a longo prazo.
  A12 Habilidade para elaborar un plan de negocio integral e defendelo ante profesionais da empresa.
  A13 Habilidade para poñer en práctica os coñecementos adquiridos nas materias fundamentais.
Choose B Code Training and Learning Results Transversal
  B1 O alumno debe adquirir coñecementos actualizados das distintas áreas da empresa.
  B2 O alumno debe ser capaz de entender de forma sistemática a información relevante da empresa, o seu contexto e como aplicala a situacións complexas, tendo en conta como afecta a outros departamentos.
  B3 O alumno debe dominar as técnicas suficientes que lle permitan obter e analizar información, avaliar a súa relevancia e validez, sintetizala e adaptala ao contexto.
  B4 O alumno debe ser capaz de tratar situacións complexas e impredicibles de forma sistemática e creativa, con xuízo crítico, con información incompleta, asumindo riscos, tomando decisións e comunicándoas a calquera tipo de audiencia.
  B5 O alumno debe ser capaz de desenvolver habilidades de aprendizaxe que lle permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
  B6 O alumno debe ser capaz de comunicarse correctamente tanto oralmente como por escrito, utilizando a tecnoloxía máis actual.
  B7 O alumno debe ser capaz de actuar de forma autónoma na planificación e implementación de ideas e na toma de decisións.
  B8 O alumno debe ser capaz de actuar con eficacia nunha variedade de roles de equipo e asumir funcións de liderado, no seu caso.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000