Guia docente 2017_18
Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa (Ieside)
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos e proxectos Defensa pública do TFG ante Tribunal Evaluador 100 B1
B2
B4
B5
B12
B13
B14
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C9
C11
C12
C15
C16
D1
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
O Traballo Fin de Grao ten que ser elaborado de forma individual e autónoma por cada estudante, baixo a orientación dun titor académico.

Non se aceptará, en ningún caso, a presentación dun TFG que conteña parte dun traballo que fose realizado previamente para outra materia da titulación.

O Traballo Fin de Grao finalizará coa presentación e defensa por parte do seu autor, de forma individual, ante un Tribunal que o avaliará e cualificarao. En primeiro lugar o estudante terá que entregar a Memoria do TFG e despois realizará a presentación oral da mesma durante 15 minutos e terá que defendela ante os membros do Tribunal que poderán preguntar ou discutir co estudante aqueles aspectos que consideren necesarios.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2017/2018.

No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da Facultade.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000