Estudo de casos/análises de situacións |
Os estudantes enfrontaranse en grupos aos diferentes casos prácticos expostos en clase. |
15 |
|
B1 B3 B6 B10 B13
|
C1 C13
|
D2 D3 D4
|
Traballos e proxectos |
Os estudantes presentarán, de forma individual ou en grupo, as conclusións ás que chegarán tras a realización dos traballos expostos polo profesor. |
25 |
|
|
C5
|
D1 D2 D3 D4 D5
|
A asistencia ás clases é un compoñente esencial da avaliación e, por tanto, é obrigatoria.
Todas as faltas serán tidas en conta para o cálculo das penalizacións, aínda que estas fosen xustificadas.
As penalizacións serán de aplicación en cada materia, en función dos seguintes baremos:
- A non asistencia a máis do 10% das horas lectivas, penalizarase cunha redución dun terzo na avaliación continua da materia. - A non asistencia a máis do 20% das horas lectivas, penalizarase cunha redución de dous terzos na avaliación continua da materia. - A non asistencia a máis do 30% das horas lectivas, penalizarase cun cero na avaliación continua da materia.
A nota obtida na avaliación continua (50% da nota final) manterase en todas as oportunidades de exame do ano académico 2017/2018.
Para os estudantes que se matriculen na convocatoria de Fin de Carreira (que teñen 24 ECTS pendentes de cursos anteriores, con materias cursadas pero non aprobadas) só terase en conta a nota do exame.
A corrección dos exames finais será “cega”.
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2017/2018.
No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da Facultade. |