Estudo de casos/análises de situacións |
En equipos de traballo, os estudantes analizarán casos que mostran conflitos de liderado, estratexia e comunicación, en distintas áreas funcionais da empresa. En clase presentarán os seus puntos de vista sobre os problemas detectados considerando o impacto da diversidade cultural.
|
Presentacións/exposicións |
Os estudantes, organizados en equipos de traballo, exporán as diferenzas culturais entre España e un mercado estratéxico para Galicia, tanto desde un punto de vista sociolóxico como de xestión. Xogos interactivos e demostracións (role plays de reunións e de negociacións) que dean exemplos do contido da materia e que sexan capaces de manter a atención do público. Os equipos poderán convidar a profesionais do país destino que están a analizar. |
Lección maxistral |
Presentaranse os contidos da materia facendo uso extenso de material audiovisual e relacionando temas coa nosa contorna social e económico, sempre desde unha perspectiva de responsabilidade social.
|