Guia docente 2017_18
Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa (Ieside)
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Liderado e habilidades da comunicación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Estudo de casos/análises de situacións En equipos de traballo, os estudantes analizarán casos que mostran conflitos de liderado, estratexia e comunicación, en distintas áreas funcionais da empresa. En clase presentarán os seus puntos de vista sobre os problemas detectados considerando o impacto da diversidade cultural.

Presentacións/exposicións Os estudantes, organizados en equipos de traballo, exporán as diferenzas culturais entre España e un mercado estratéxico para Galicia, tanto desde un punto de vista sociolóxico como de xestión. Xogos interactivos e demostracións (role plays de reunións e de negociacións) que dean exemplos do contido da materia e que sexan capaces de manter a atención do público. Os equipos poderán convidar a profesionais do país destino que están a analizar.
Debate Os líderes de hoxe teñen que estar ao día coas noticias globais. Os estudantes terán que expor en clase noticias o documentais sobre conflitos actuais a nivel internacional que afectan as empresas. Realizaranse debates sobre os temas expostos, analizando o tema desde distintas perspectivas.
Lección maxistral Presentaranse os contidos da materia facendo uso extenso de material audiovisual e relacionando temas coa nosa contorna social e económico, sempre desde unha perspectiva de responsabilidade social.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000