Guia docente 2023_24
Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE)
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Protocolo e relacións públicas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Estudo de casos Os estudantes enfrontaranse, en grupo ou individualmente, a casos prácticos, reais ou figurados, en situacións nos cales aplicarán os coñecementos adquiridos durante as sesións maxistrais.
Presentación Os estudantes presentarán, en grupo ou individualmente, as conclusións que obteñan no desenvolvemento de análise de casos e elaboración de traballos e proxectos.
Traballo tutelado Os estudantes realizarán ao longo do curso catro traballos: - Imaxe e identidade corporativa - Protocolo internacional nos negocios - Nota de prensa - Organización dun evento
Lección maxistral O profesor exporá os contidos teóricos e técnicas básicas necesarios para a realización dos traballos e probas de avaliación posteriores. En todas elas solicitarase a participación dos estudantes, para garantir a correcta comprensión do explicado e manter o adecuado nivel de atención.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000