Educational guide 2017_18
Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (Ieside)
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Ética e responsabilidade social corporativa
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Presentacións/exposicións En parellas, o profesor asignará e tutelará o estudo de diferentes iniciativas nacionais e internacionais de Responsabilidade Social Corporativa e a presentación de exemplos de boas prácticas en España e en Galicia (Ex;Global Compact; Augas de Mondariz; etc) . Os compañeiros e o profesor poderán realizar preguntas para ampliar os seus coñecementos do tema a tratar.
Debate Os estudantes e o profesor proporán temas éticos de actualidade que desexen debater Formaranse equipos (máximo 5) e asignarase cada tema a dous equipos. Decidirase por sorteo se a postura do equipo será a favor ou en contra do tema a debater. Cada equipo estudará en profundidade o tema usando fontes fiables e presentará aos seus compañeiros o seu punto de vista. Posteriormente dirixirán un debate no que os compañeiros poderán demandar máis información de cada punto de vista e modificar as súas posicións iniciais respecto ao tema.
Estudo de casos/análises de situacións Para apoiar a comprensión dos conceptos presentados na aula, os estudantes lerán e analizarán fose da aula diversos casos prácticos baseados en situacións reais e que posteriormente serán estudados e debatidos en clase cos compañeiros.
Estudo de casos/análises de situacións En cada tema os estudantes, en equipos de traballo, analizarán diferentes casos de conflitos culturais nas distintas areas funcionais da empresa e debaterán as súas conclusións en clase.
Lección maxistral En clase presentarase o temario cun forte apoio de material audiovisual (vídeos, documentais e películas de cinema) que permtirán entender e debater os conceptos expostos polo profesor.
Por outra banda, darase gran relevancia á lectura de noticias de actualidade (tanto en medios tradicionais como dixitais) para exemplificar e demostrar a directa conexión entre os conceptos expostos na aula co día a día da nosa sociedade e a empresa.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000