Guia docente 2023_24
Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE)
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Réxime fiscal da empresa I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Presentación O estudante ou un grupo de estudantes exporá ante o docente e un grupo de estudantes un tema dos contidos da materia, en base a situacións reais.
Resolución de problemas de forma autónoma O estudante deberá resolver de forma razoada e xustificada, problemas que se expoñan relacionados coa materia.
Seminario O docente manterá entrevistas e reunións co estudante para asesoralo e guialo no desenvolvemento dos seus traballos, estudos e prácticas.
Lección maxistral O profesor exporá e explicará os aspectos máis levantes dos distintos temas que integran a materia. O obxectivo é que estas constitúan unha base de coñecemento para logo desenvolvelo de forma práctica.
Estudo de casos O estudante deberá resolver en base á lexislación aplicable, casos que se entregarán para resolver posteriormente de modo conxunto.
Prácticas con apoio das TIC O estudante deberá poder confeccionar liquidacións de impostos utilizando as ferramentas que a Axencia Tributaria pon á súa disposición.
Obradoiro O estudante deberá coñecer a documentación existente nas empresas e en base á actividade das mesmas que operacións deben realizar en cumprimento da lexislación fiscal.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000