Guia docente 2017_18
Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (Ieside)
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dirección comercial I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Estudo de casos/análises de situacións Os estudantes enfrontaranse, en grupo ou individualmente, a casos prácticos, reais ou figurados, nos cales aplicarán os coñecementos adquiridos durante as sesións maxistrais.
Presentacións/exposicións Os estudantes presentarán, en grupo ou individualmente, as conclusións que obtivesen do estudo de artigos de interese de autores relevantes, ou de casos de especial complexidade que deberán defender en público.
Titoría en grupo Os estudantes poderán solucionar as súas dúbidas de traballos ou clases mediante un tempo específico de atención por parte do profesor.
Debate Exporanse situacións para a súa resolución en grupo, nas cales cada estudante deberá achegar posibles solucións sobre a base da teoría comentada nas sesións maxistrais.
Lección maxistral O profesor exporá os contidos teóricos necesarios para a realización dos traballos e probas de avaliación posteriores.
En todas elas solicitarase a participación dos estudantes, para garantir a correcta comprensión do explicado e manter o adecuado nivel de atención.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000