Guia docente 2017_18
Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (Ieside)
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Decisións de investimento
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentacións/exposicións Os estudantes resolverán supostos propostos ao longo do cuadrimestre de maneira autónoma. Estes supostos serán avaliados polo profesor a través da medición de adquisición de competencias e constituirán a parte de avaliación continua da materia que suporá unha porcentaxe da cualificación final. 30 B1
B3
B10
B11
B13
B14
C3
C5
C7
C10
C11
C12
C16
Lección maxistral Evidencias da aprendizaxe teórica a través da participación de actividades na aula 10 B1
B3
B10
B11
B13
B14
C3
C5
C7
C10
C11
C12
C16
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Resolución dunha proba escrita presencial, ao final do cuadrimestre, sobre a adquisición de competencias da materia. 60 B1
B10
B11
B13
B14
C3
C5
C7
C10
C11
C12
C16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A asistencia ás clases é un compoñente esencial da avaliación e, por tanto, é obrigatoria. Todas as faltas serán tidas en conta para o cálculo das penalizacións, aínda que estas fosen xustificadas.

As penalizacións serán de aplicación en cada materia, en función dos seguintes baremos:

- A non asistencia a máis do 10% das horas lectivas, penalizarase cunha redución dun terzo na avaliación continua da materia.

- A non asistencia a máis do 20% das horas lectivas, penalizarase cunha redución de dous terzos na avaliación continua da materia.

- A non asistencia a máis do 30% das horas lectivas, penalizarase cun cero na avaliación continua da materia.

A nota obtida na avaliación continua (40% da nota final) manterase en todas as oportunidades de exame do ano académico 2017/2018.

Para os estudantes que se matriculen na convocatoria de Fin de Carreira (que teñen 24 ECTS pendentes de cursos anteriores, con materias cursadas pero non aprobadas) só se terá en conta a nota do exame.

A corrección dos exames finais será “cega”.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2017/2018.

No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da Facultade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000