Realización dun traballo no que se aplicarán os conceptos adquiridos na materia. Exporanse os resultados do devandito traballo. Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo segundo a proposta do profesor.
Titoría en grupo
Entrevistas que o estudante mantén co profesorado da materia para asesoramento, desenvolvemento e supervisión de actividades da materia no proceso de aprendizaxe.
Prácticas en aulas informáticas
Nestas sesións de laboratorio informático aplicaranse os coñecementos adquiridos nas clases teóricas e prácticas para realizar supostos prácticos coa axuda dun paquete informático econométrico. Os alumnos traballarán de forma autónoma, individualmente ou en grupo, baixo a supervisión do profesor.
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000