Guia docente 2017_18
Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa (Ieside)
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dereito mercantil
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentacións/exposicións Valorarase a presentación escrita e oral de cada asunto. En especial terase en conta a capacidade de comunicación, exposición, manexo da linguaxe xurídica e claridade na manifestación dos contidos. 10 B1
B13
C3
C4
D1
D2
D3
D4
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Valorásese a presentación escrita de cada asunto. En especial terase en conta a claridade expositiva, manexo da linguaxe e fontes consultadas ou manexadas. 15 B1
B2
B5
B8
B9
B10
B14
C4
D2
D3
D4
D5
Outras Ao final do semestre haberá un exame final cunha parte teórica e unha práctica. A parte teórica constará de 5 preguntas que valerán 1 punto cada unha das 3 primeiras e 2 puntos as dúas últimas (estas serán de relacionar todas ou parte das materias estudadas). Párea práctica cosistirá en plasmar e resolver, a partir dun texto, un problema práctico consistente en cubrir unha letra de cambio, un cheque, un pagarei ou un contrato. 60 B1
B2
B5
B8
B9
B13
C3
C4
D1
D3
D4
D5
Probas de autoavaliación Realizarase un exame parcial non liberatorio da materia que formará parte da avaliación Continua. 15 B1
B2
B14
C3
C4
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A asistencia ás clases é un compoñente esencial da avaliación e, por tanto, é obrigatoria.

Todas as faltas serán tidas en conta para o cálculo das penalizacións, aínda que estas fosen xustificadas.

As penalizacións serán de aplicación en cada materia, en función dos seguintes baremos:
- A non asistencia a máis do 10% das horas lectivas, penalizarase cunha redución dun terzo na avaliación continua da materia.
- A non asistencia a máis do 20% das horas lectivas, penalizarase cunha redución de dous terzos na avaliación continua da materia.
- A non asistencia a máis do 30% das horas lectivas, penalizarase cun cero na avaliación continua da materia.

A nota obtida na avaliación continua (40% da nota final) manterase en todas as oportunidades de exame do ano académico 2017/2018.

Debido ao peso que terán os coñecementos reflectidos especialmente no exame final, dúas preguntas do mesmo cunha puntuación de "0" poden supor o suspenso da materia.

Para os estudantes que se matriculen na convocatoria de Fin de Carreira (que teñen 24 ECTS pendentes de cursos anteriores, con materias cursadas pero non aprobadas) só se terá en conta a nota do exame.

A corrección dos exames finais será “cega”.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2017/2018.

No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da Facultade.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000