Guia docente 2017_18
Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa (Ieside)
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dereito mercantil
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Obradoiro O estudante ou grupos de estudantes deberán plasmar fisicamente os conocimientos e habilidades estudadas sobre temáticas concretas; para saber resolver e analizar a documentación que existe nas empresas e despachos dunha forma real. Relacionarse e coñecer con exercicios prácticos a documentación existente na actividade mercantil.
Presentacións/exposicións O estudante ou un grupo de estudantes exporán ante o docente e un grupo de estudantes un tema dos contidos na materia, pero desenvolvido a partir da mesma e en base a unha empresa ou actividade de mercado real.
Resolución de problemas O estudante deberá resolver, con información razoada e documentada, os problemas ou exercicios que se lle expoñan relacionados coa materia.
Titoría en grupo O docente manterá entrevistas e reunións co estudante para asesoralo e guialo no desenvolvemento dos seus traballos, estudos e prácticas.
Lección maxistral Na clase maxistral, o profesor exporá e explicará os aspectos máis relevantes dos distintos temas que integran o programa da materia. O obxectivo é que estas clases constitúan unha base de coñecemento que deberá ser completada por outras vías, tales como a realización de casos prácticos, de actividades de seminario, de lecturas recomendadas, do estudo persoal, etc. … para logo desenvolvelo na práctica.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000