Guia docente 2017_18
Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa (Ieside)
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Historia: Historia económica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Mediante esta metodoloxía, con apoio audiovisual, presentaranse de maneira sintética, secuencial e motivadora os aspectos craves dos contidos fundamentais da materia.
As primeiras sesións estarán dedicadas a ofrecer unha visión panorámica da materia e os conceptos básicos de historia económica; as restantes sesións estarán destinadas a traballar temas monográficos do temario.
A pesar de que o método destas sesións é fundamentalmente expositivo, sempre se promoverá a participación activa dos estudantes.
Traballos de aula O traballo de aula é un momento para socializar, depurar e sintetizar os coñecementos adquiridos na preparación da sesión.
Engloban actividades heteroxéneas, deseñadas de acordo a obxectivos e contidos diversos.
Comprenden, entre outras: análise e/ou comentarios de series estatísticas, gráficos ou textos, resolución de exercicios, discusión de documentos históricos..., ou ben, a realización dun esquema, síntese ou mapa conceptual do material previamente distribuído.
Todas estas tarefas realizaranse individualmente ou por equipos.
Titoría en grupo As tutorías en grupo destínanse ao asesoramento, a aclaración de dúbidas, o seguimento das actividades da materia e a consolidación dos coñecementos e habilidades adquiridas.
Outros Fundamentalmente, é o tempo dedicado polo estudante para o estudo e a preparación das súas intervencións e a súa actuación nos traballos de aula.
No control e no exame se lle platearán ao estudante preguntas de desenvolvemento sobre os contidos do temario e as actividades realizadas nos traballos na aula.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000