As tutorías en grupo destinaranse á corrección dos exercicios previamente facilitados aos estudantes, así se optimizará o tempo, destinándose as sesións de tutorías á aclaración daquelas cuestións que presenten maiores dificultades para os estudantes.
Resolución de problemas
Realización de exercicios e traballos
Lección maxistral
As clases teóricas impartiranse nas 15 semanas do cuadrimestre. O profesor elaborará documentación específica para cada unha das sesións que os estudantes deberán ler antes de cada clase para asegurar un bo aproveitamento das sesións teóricas.