Guia docente 2018_19
E. U. de Enfermaría (Povisa)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Prácticas clínicas III
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Actividades introdutorias De forma previa á localización no servizo de destino, o profesor responsable do servizo, exporá ao estudante as características do mesmo, tipoloxía de pacientes, así como a normativa vixente e o sistema de avaliación.
Prácticas clínicas O responsable do servizo realizará seguimento da evolución do estudante no desenvolvemento da súa actividade e resolverá os posibles incidentes que poidan xurdir.
Estudo de casos Exporanse preguntas sobre o seguimento dun paciente ou evolución clínica do mesmo
Probas Descrición
Informe de prácticas externas A primeira semana, explicarase ao alumno a forma de cumprimentación, insistindo na importancia da súa valoración persoal sobre o cumprimento de obxectivos, relación co equipo profesional e co paciente e familia así como as súas experiencias e valoración global.
Cartafol/dossier A primeira semana explicarase ao alumno forma de cumprimentación, nel reflectirase o rexistro das actividades diarias que a/o estudante realiza ou observa diariamente, así como o grao de dificultade das mesmas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000