Guia docente 2018_19
E. U. de Enfermaría (Povisa)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría xeriátrica e coidados paliativos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a **exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou **algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Adóitase empregar como complemento da lección maxistral.
Estudo de casos Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipótese, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución.
Traballo tutelado O estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Xeralmente trátase dunha actividade autónoma do/**s estudante/**s que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción... estudante/**s que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción...
Foros de discusión Foros no que se **propon o alumno que opine sobre diferentes conceptos da materia. E no que os alumnos **tamé debe reflexionar e opinar de forma **asertiva sobre a visión do resto dos compañeiros.
Debate Actividades **grupal, no que os alumnos expoñen a **suas ideas e arguméntaas sobre un tema relacionado que materia. Da mesma forma escoitan outras ideas e **argumetnos co fin de ter diferentes visión *e por tanto enriquézase o seu campo de coñecementos. O debate estará moderado polo profesor para orientar e conducir o debate dentro do campo **profeional.
Seminario Exposición por parte do profesor dun tema relacionado coa materia e que complementa e enriquece o coñecemento dos alumnos en relación co campo da **Enfermeria **Xeriatrica.
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000