Guia docente 2017_18
E. U. de Enfermaría (Povisa)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Prácticas clínicas I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas clínicas Avaliación continua por parte do titor/a correspondente, para identificar as necesidades particulares do estudante (25%), e do equipo/profesionais do servizo (70%), valorando a adquisición das competencias asignadas, seguindo o modelo establecido, que se estructura en: coñecementos teórico/prácticos, actitudes, habilidades e cumprimento das normas. 95 B3
B11
B15
C11
C12
C33
C49
D6
Cartafol/dossier O estudante presentará ao finalizar o período correspondente o portafolios, no que o estudante refire as caracteristicas da empresa ou institución pública onde realizou as prácticas, e describe as tarefas e funcións desenvolvidas.
Así como as experiencias e traballos realizados durante o proceso de formación. E máis a memoria de prácticas na que o estudante reflicte a súa percepción sobre o grao de cumprimento das competencias e mais a relación mantida cos pacientes/familias e os profesionais.
5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

No caso de que o/a estudante non entregue, en tempo e forma o cartafol e a memoria de prácticas, repercutirá negativamente na nota, restándoselle en cada un dos casos un 5% da calificación final. Tendo en conta que ás prácticas clínicas I están vinculados dous periodos de prácticas, será necesario acadar unha calificación mínima de catro puntos sobre dez en cada unha das avaliacións para poder facer media coa calificación do outro periodo incluído nestas prácticas clínicas I. O/a estudante conta a súa disposición cunha normativa de asistencia a prácticas, de obrigado cumprimento, á que poderá acceder a través da páxina web da Escola, no que figura que as prácticas clínicas son de obrigado cumprimento o 100%, polo tanto, as ausencias non xustificadas as prácticas suporán o suspenso e a interrupción inmediata do periodo, mentres que si se trata de ausencias xustificadas debidamente (segundo a normativa), permitirase un máximo de 4, que serán de recuperación obrigatoria no periodo establecido para tal fin polo responsable da materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000