Guia docente 2017_18
E. U. de Enfermaría (Povisa)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Prácticas clínicas I
   Competencias
Código Descrición
A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B1 Ser capaz, no ámbito da enfermaría, de prestar unha atención sanitaria técnica e profesional axeitada ás necesidades de saúde das persoas que atenden, de acordo co estado de desenvolvemento dos coñecementos científicos de cada momento e cos niveis de calidade e seguridade que se establecen nas normas legais e deontolóxicas aplicables.
B3 Saber aplicar os fundamentos e principios técnicos e metodolóxicos da enfermaría.
B6 Aplicar as intervencións da enfermaría na evidencia científica e nos medios dispoñibles.
B7 Saber comprender, sen prexuízos, as persoas, considerando os seus aspectos físicos, psicolóxicos e sociais, como individuos autónomos e independentes, asegurando o respecto ás súas opinións, crenzas e valores, ademais de garantir o dereito á intimidade, a través da confidencialidade e o segredo profesional.
B11 Saber establecer unha comunicación eficaz con pacientes, familias, grupos sociais e compañeiros. Fomentar a formación e información para a saúde.
B12 Aplicar o código ético e deontolóxico da enfermaría española, comprendendo as implicacións éticas da saúde nun contexto mundial en transformación.
B13 Aplicar os principios de financiamento sanitario e sociosanitario e utilizar axeitadamente os recursos dispoñibles.
B15 Ser capaz de traballar co equipo de profesionais como unidade básica na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal das organizacións asistenciais.
C11 Establecer unha relación empática e respectuosa co paciente e a familia, acorde coa situación da persoa, problema de saúde e etapa de desenvolvemento.
C12 Utilizar estratexias e habilidades que permitan unha comunicación efectiva con pacientes, familias e grupos sociais, así como a expresión das súas preocupacións e intereses.
C18 Coñecer e aplicar os principios que sustentan os coidados integrais de enfermaría.
C22 Promover a participación das persoas, familia e grupos no seu proceso de saúde-enfermidade.
C29 Identificar as necesidades de coidado derivadas dos problemas de saúde.
C31 Realizar as técnicas e procedementos de coidados de enfermaría, establecendo unha relación terapéutica cos enfermos e familiares.
C33 Ter unha actitude cooperativa cos diferentes membros do equipo.
C49 Prestar coidados, garantindo o dereito á dignidade, privacidade, intimidade, confidencialidade e capacidade de decisión do paciente e familia.
C50 Individualizar o coidado considerando a idade, o xénero, as diferenzas culturais, o grupo étnico, as crenzas e valores.
D6 Habilidades nas relacións interpersoais.
D7 Razoamento crítico.
D8 Aprendizaxe autónoma.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000