Guia docente 2018_19
E. U. de Enfermaría (Povisa)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría comunitaria II
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipótese, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución, expostos nas clases maxistrais.
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Traballo tutelado O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia, consistente nun proxecto de educación para a saúde no ámbito comunitario. Realizarase en grupo, baixo tutorización da profesora responsable.
Titoría en grupo Entrevistas que o alumno mantén co profesorado da materia para asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe. Levarase control da asistencia ás mesmas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000