Guia docente 2018_19
E. U. de Enfermaría (Povisa)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría comunitaria II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Estudo de casos Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipótese, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución
Traballo tutelado O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia, consistente nun proxecto de educación para a saúde no ámbito comunitario.
Realizarase en grupo, baixo tutorización da profesora responsable.
Titoría en grupo Entrevistas que o alumno mantén co profesorado da materia para asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Levarase control da asistencia ás mesmas.
Seminario Actividade enfocada ao traballo sobre un tema específico, que permite afondar ou complementar os contidos da materia.
Metodoloxías baseadas en investigación Mellora o procesamento da información en dominios
específicos recorrendo a actividades de investigación
científica.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000