Guia docente 2017_18
E. U. de Enfermaría (Povisa)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría clínica I
   Competencias
Código Descrición
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B2 Saber planificar e prestar coidados de enfermaría dirixidos ás persoas, familias ou grupos, orientados, aos resultados en saúde, avaliando o seu impacto, a través de guías de práctica clínica e asistencial, que describen os procesos polos cales se diagnostica, trata ou coida un problema de saúde.
B7 Saber comprender, sen prexuízos, as persoas, considerando os seus aspectos físicos, psicolóxicos e sociais, como individuos autónomos e independentes, asegurando o respecto ás súas opinións, crenzas e valores, ademais de garantir o dereito á intimidade, a través da confidencialidade e o segredo profesional.
C28 Coñecer as alteracións da saúde do adulto, identificando as manifestacións que aparecen nas súas distintas fases.
C29 Identificar as necesidades de coidado derivadas dos problemas de saúde.
C30 Analizar os datos recollidos na valoración, priorizar os problemas do paciente adulto, establecer e executar o plan de coidados e realizar a súa avaliación.
C31 Realizar as técnicas e procedementos de coidados de enfermaría, establecendo unha relación terapéutica cos enfermos e familiares.
C32 Seleccionar as intervencións encamiñadas a tratar ou previr os problemas derivados das desviacións de saúde.
D1 Capacidade de análise e síntese.
D2 Capacidade de organización e planificación.
D3 Capacidade de xestión da información.
D4 Resolución de problemas e toma de decisións.
D5 Traballo en equipo, multidisciplinar e multilingüe.
D7 Razoamento crítico.
D10 Motivación pola calidade.
D11 Sensibilidade cara a temas ambientais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000