Guia docente 2018_19
E. U. de Enfermaría (Povisa)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Fundamentos de enfermaría
   Competencias
Código Descrición
B1 Ser capaz, no ámbito da enfermaría, de prestar unha atención sanitaria técnica e profesional axeitada ás necesidades de saúde das persoas que atenden, de acordo co estado de desenvolvemento dos coñecementos científicos de cada momento e cos niveis de calidade e seguridade que se establecen nas normas legais e deontolóxicas aplicables.
B2 Saber planificar e prestar coidados de enfermaría dirixidos ás persoas, familias ou grupos, orientados, aos resultados en saúde, avaliando o seu impacto, a través de guías de práctica clínica e asistencial, que describen os procesos polos cales se diagnostica, trata ou coida un problema de saúde.
B5 Deseñar sistemas de coidados dirixidos ás persoas, familia ou grupos, avaliando o seu impacto e establecendo as modificacións oportunas.
B6 Aplicar as intervencións da enfermaría na evidencia científica e nos medios dispoñibles.
B14 Establecer mecanismos de avaliación, considerando os aspectos científico-técnicos e de calidade.
B15 Ser capaz de traballar co equipo de profesionais como unidade básica na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal das organizacións asistenciais.
B17 Realizar coidados de enfermaría baseándose na atención integral de saúde, que supón a cooperación multiprofesional, a integración dos procesos e a continuidade asistencial.
C15 Identificar, integrar e relacionar o concepto de saúde e os coidados, desde unha perspectiva histórica, para comprender a evolución do coidado de enfermaría.
C16 Comprender dende unha perspectiva ontolóxica e epistemolóxica, a evolución dos conceptos centrais que configuran a disciplina de enfermaría, así como os modelos teóricos máis relevantes, aplicando a metodoloxía científica no proceso de coidar e desenvolvendo os plans de coidados correspondentes.
C17 Aplicar o proceso de enfermaría para proporcionar e garantir o benestar a calidade e seguridade das persoas atendidas.
C18 Coñecer e aplicar os principios que sustentan os coidados integrais de enfermaría.
D1 Capacidade de análise e síntese.
D2 Capacidade de organización e planificación.
D3 Capacidade de xestión da información.
D4 Resolución de problemas e toma de decisións.
D7 Razoamento crítico.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000