Guia docente 2023_24
Escuela Universitaria de Enfermería Povisa
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría comunitaria I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Enfermidades transmisibles 20 B5
B6
B16
C23
C25
D5
Seminario Medidas de precaución estándar e baseadas na transmisión.
Colocación e retirada de EPI (Equipo de protección individual).
20 B5
B6
C23
Instrucción programada Unha parte da materia é traballada en grupos polo estudiantado no traballo tutelado; tras a súa presentación, avaliación polos docentes e difusión dos contidos, realizase exame tipo test, ha fecha establecida e comunicada a través de Moovi. 20 B4
B5
B6
B16
C23
C24
C25
C26
D5
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas que poderán incluír preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 40 B4
B6
C23
C24
C25
C26
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O primeiro día de clase os docentes expoñen a planificación da materia e os horarios de titoría e informan das opcións de avaliación (CONTINUA ou FINAL), para que opten pola que máis se axuste ás súas necesidades

A súa elección será comunicada ao centro, segundo a metodoloxía establecida para iso e publicada na web.

Avaliación Continua (AC):

O 10 % de faltas de asistencia non xustificadas implica a perda do dereito á AC, considerándose faltas xustificadas: a realización de exames, a presenza en órganos colexiados, o ingreso hospitalario e a enfermidade ou baixa médica (achegando xustificante pertinente).

A cualificación da AC obterase mediante a suma das probas desenvolvidas na aula:traballo tutelado (20%), instrucción programada (20%) , seminario (20%) e o 40 % restante, mediante un exame de preguntas obxectivas, na data oficial establecida e publicada na web. En devandito exame, o estudiantado que siga avaliación continua, verase liberado dunha parte, que estará perfectamente identificada.

Deberase obter unha nota mínima de 5.0 sobre 10, en cada proba (inclusive o exame), en caso contrario, o estudante perderá a AC e pasará a realizar a proba de avaliación global para aprobar a materia.

Aqueles estudantes que non poidan seguir a AC e/ou renuncien a esta, serán avaliados mediante unha proba final que suporá o 100% da calificación da materia.

Avaliación global:

Realizarase un exame global que supón o 80 % de cualificación da materia, dado que o seminario (20%) ten carácter obrigatorio

O exame será tipo test, con 4 opcións de resposta; cada resposta errónea restará 0.25 das correctas.

Para superar a materia deberase alcanzar unha nota mínima de 5/10.

O exame realizarase na data establecida no calendario oficial e publicada na web, nas AULAS 21 e 23.

Compromiso ético:

Espérase que o estudiantado presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, etc.), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a cualificación final en primeira oportunidade será de suspenso (0,0). 

Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000