Guia docente 2018_19
E. U. de Enfermaría (Povisa)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Psicoloxía: Psicoloxía
   Competencias
Código Descrición
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 Ser capaz de comprender o comportamento interactivo da persoa en función do xénero, grupo ou comunidade, dentro do seu contexto social e multicultural.
B7 Saber comprender, sen prexuízos, as persoas, considerando os seus aspectos físicos, psicolóxicos e sociais, como individuos autónomos e independentes, asegurando o respecto ás súas opinións, crenzas e valores, ademais de garantir o dereito á intimidade, a través da confidencialidade e o segredo profesional.
C14 Coñecer e identificar os problemas psicolóxicos e físicos derivados da violencia de xénero para capacitar ao estudante na prevención, a detección precoz, a asistencia e a rehabilitación das vítimas desta forma de violencia.
C50 Individualizar o coidado considerando a idade, o xénero, as diferenzas culturais, o grupo étnico, as crenzas e valores.
D1 Capacidade de análise e síntese.
D3 Capacidade de xestión da información.
D7 Razoamento crítico.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000