Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Enfermaría Meixoeiro
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría en saúde mental
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do profesorado dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo ou exercicio a desenvolver polo estudante.
Metodoloxía docente que se complementará con resolución de problemas, estudos de caso e debate; onde o alumnado poida integrar de forma activa os contidos teóricos, de xeito autónomo.
Seminario Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico, que permiten profundar ou complementar os contidos da materia. Pódense empregar como complemento das clases teóricas.
Metodoloxía que se poderá complementar con resolución de problemas, estudos de caso e debate, así como presentación por parte do alumnado dun tema; onde o alumnado poida integrar de forma activa os contidos teóricos, de xeito autónomo ou en grupo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000