Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Enfermaría Meixoeiro
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría materno-infantil
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B1 Ser capaz, no ámbito da enfermaría, de prestar unha atención sanitaria técnica e profesional adecuada ás necesidades de saúde das persoas que atenden, de acordo co estado de desenvolvemento dos coñecementos científicos de cada momento e con nivelis de calidade e seguridade que se establecen nas normas legais e deontolóxicas aplicables.
B2 Saber planificar e prestar coidados de enfermaría dirixidos ás persoas, familias ou grupos, orientados aos resultados na saúde, evaluando o seu impacto, a través das guías de práctica clínica e asistencial, que describen os procesos polos cales se diagnostica e trata o cuida un problema de saude
B4 Ser capaz de comprender o comportamento interactivo da persoa en función do xénero, grupo ou comunidade, dentro do seu contexto social e multicultural
B5 Deseñar sistemas de coidados dirixidos ás persoas, familia ou grupos, avaliando o seu impacto e establecendo as modificacións oportunas
B7 Saber comprender, sen prexuizos, ás persoas, considerando os seus aspectos físicos, psicolóxicos e sociais, cómo individuos autónomos e independentes, asegurando o respecto as suas opinións, crenzas e valores, ademáis de garantir o dereito á intimidade, a través da confidencialidade e o segredo profesional
B8 Promover e respectar o dereito de participación, información, autonomía e consentimento informado na toma de decisións das persoas atendidas, acorde coa forma na que viven so seu proceso de saúde-enfermidade
B9 Fomentar estilos de vida saudables e o autocoidado, sostendo o mantemento de condutas preventivas e terapéuticas
B10 Protexer a saúde e o benestar das persoas, familias ou grupos atendidos, garantindo a sua seguridade
B11 Saber establecer unha comunicación eficaz cos pacientes, familias, grupos sociais e compañeiros. Fomentar a formación e información para a saúde
B12 Aplicar o código ético e deontolóxico da enfermaría española, comprendendo as implicaciones éticas da saúde nun contexto mundial en transformación
C34 Identificar as características das mulleres nas diferentes etapas do ciclo reprodutivo, no climaterio e nas alteracións que se poden presentar proporcionando os coidados necesarios en cada etapa
C35 Aplicar coidados xerais durante o proceso de maternidade para facilitar a adaptación das mulleres e os neonatos ás novas demandas e previr complicacións
C36 Coñecer os aspectos específicos dos coidados do neonato. Identificar as características das diferentes etapas da infancia e adolescencia e os factores que condicionan o patrón normal de crecemento e desenvolvemento
C37 Coñecer os problemas de saúde máis frecuentes na infancia e identificar as súas manifestacións. Analizar os datos de valoración do neno, identificando os problemas de enfermaría e as complicacións que poden presentarse
C38 Aplicar as técnicas que integran o coidado de enfermaría, establecendo unha relación terapéutica cos nenos e os seus coidadores
C39 Seleccionar as intervencións dirixidas ao neno san e ao enfermo, así como as derivadas dos métodos de diagnóstico e tratamento
C40 Ser capaz de proporcionar formación e información para a saúde aos pais ou coidadores primarios
D1 Capacidade de analise e sintese
D2 Capacidade de organizacion e planificación
D3 Capacidade de xestion de la informacion
D4 Resolución de problemas y toma de decisiones
D5 Traballo en equipo, multidisciplinar y multilingue
D6 Habilidades nas relacions interpersoais
D7 Razoamento critico
D8 Aprendizaxe autonomo
D9 Adaptación a novas situacións. Iniciativa e espiritu emprendedor. Creatividade
D10 Motivación pola calidade
D11 Sensibilidade cara a temas ambientais
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000