Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Enfermaría Meixoeiro
Grao en Enfermaría
 Materias
  Farmacoloxía e dietética
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Nas sesións maxistrais o profesor exporá, de maneira detallada e estruturada, os temas reflectidos no programa da materia.
Suxerirase ao alumnado, en función das súas preferencias, que profunde naqueles aspectos do programa que máis lle interesaron, para o que deberá manexar a bibliografía adecuada.
Aplicable a Farmacoloxía: realizarase unha proba escrita de tipo preguntas longas.
Aplicable a Dietética: realizarase unha proba de tipo test
Resolución de problemas Aplicable a Farmacoloxía:
Analizaranse aspectos cuantitativos inherentes á Farmacoloxía, tales como manexo de concentracións, cálculos posolóxicos, aplicacións dos conceptos de mol e equivalente aos sistemas biolóxicos, cálculo de velocidade de infusión, etc. Realizarase unha proba escrita
Seminario Trataranse temas que durante o curso tivesen un especial interese para o alumnado, buscando a participación dos mesmos (como complemento ás sesións maxistrais).
Estudo de casos Aplicable a Dietética:
Realizaranse durante as sesións maxistrais, a medida que se desenvolvan os temas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000