Guia docente 2011_12
E.U. de Enfermería (Meixoeiro)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Fundamentos de enfermaría
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2011_12
Materia Fundamentos de enfermaría Código V52G140V01107
Titulación
Grao en Enfermaría
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
9 OB 1 2c
Lingua de impartición
Prerrequisitos
Departamento Departamento da E.U. de Enfermaría (Meixoeiro)
Dpto. Externo
Coordinador/a
Fernández Lamelas, Mª. Antonia
Correo-e maria.antonia.fernandez.lamelas@
Profesorado
Fernández Lamelas, Mª. Antonia
Rionda Álvarez, María del Mar Irene
Web
Descrición xeral O profesional de enfermaría ten as funcións de coidador, investigador, administrador e docente, é por iso que os profesionais necesitan dunha filosofía que guíe o seu contido.
Esta materia proporciona unha base teórica para permitir ao estudante a identificación e coñecemento das súas funcións. A adquisición dos coñecementos permitirá abordar o ser humano de forma integral e humanística, identificando as necesidades que en materia de saúde presenta o individuo, a familia e a comunidade, a través da planificación e levando a cabo os coidados de enfermaría axeitados básicos para a aplicación dunha metodoloxía científica dos coidados , tendo como referencia e un modelo de coidados que sirva de base para a elaboración rexistros, planificación de coidados e avaliación de calidade
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000