Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Enfermaría Meixoeiro
Grao en Enfermaría
 Materias
  Psicoloxía: Psicoloxía
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B4 Ser capaz de comprender o comportamento interactivo da persoa en función do xénero, grupo ou comunidade, dentro do seu contexto social e multicultural
B7 Saber comprender, sen prexuizos, ás persoas, considerando os seus aspectos físicos, psicolóxicos e sociais, cómo individuos autónomos e independentes, asegurando o respecto as suas opinións, crenzas e valores, ademáis de garantir o dereito á intimidade, a través da confidencialidade e o segredo profesional
B8 Promover e respectar o dereito de participación, información, autonomía e consentimento informado na toma de decisións das persoas atendidas, acorde coa forma na que viven so seu proceso de saúde-enfermidade
B9 Fomentar estilos de vida saudables e o autocoidado, sostendo o mantemento de condutas preventivas e terapéuticas
B11 Saber establecer unha comunicación eficaz cos pacientes, familias, grupos sociais e compañeiros. Fomentar a formación e información para a saúde
B17 Realizar coidados de enfermaría baseándose na atención integral de saúde, que supón a cooperación multiprofesional, a integración dos procesos e a continuidade asistencial
C9 Coñecer os procesos fisiopatolóxicos, as súas manifestacións e os factores de risco que determinan os estados de saúde e enfermidade nas diferentes etapas do ciclo vital.
C10 Identificar as respostas psicosociais das persoas ante as diferentes situacións de saúde (en particular, a enfermidade e o sufrimento), seleccionando as accións axeitadas para proporcionar axuda nestas.
C12 Utilizar estratexias e habilidades que permitan unha comunicación efectiva con pacientes, familias e grupos sociais, así como a expresión das súas preocupacións e intereses.
C14 Coñecer e identificar os problemas psicolóxicos e físicos derivados da violencia de xénero para capacitar o estudiantado na prevención, a detección precoz, a asistencia, e a rehabilitación das vítimas desta violencia
C50 Individualizar o coidado considerando a idade, o xénero, as diferenzas culturais, o grupo étnico, as crenzas e valores
D1 Capacidade de analise e sintese
D2 Capacidade de organizacion e planificación
D3 Capacidade de xestion de la informacion
D4 Resolución de problemas y toma de decisiones
D7 Razoamento critico
D9 Adaptación a novas situacións. Iniciativa e espiritu emprendedor. Creatividade
D11 Sensibilidade cara a temas ambientais
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000