Educational guide 2023_24
Escola Universitaria de Profesorado de E.X.B.
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Proceso lecto-escritor: desenvolvemento, alteracións, avaliación e tratamento
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B10 Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre os estudantes
C4 Identificar dificultades de aprendizaxe, informalas e colaborar no seu tratamento
C5 Coñecer as propostas e desenvolvementos actuais baseados na aprendizaxe de competencias
C6 Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe
C11 Coñecer os procesos de interacción e comunicación no aula
C16 Deseñar, planificar e evaluar a actividade docente e a aprendizaxe no aula
C43 Comprender os principios básicos das ciencias da linguaxe e a comunicación
C47 Coñecer o proceso de aprendizaxe da linguaxe escrita e o seu ensino
C48 Fomentar a lectura e animar a escribir
C49 Coñecer as dificultades para a aprendizaxe das linguas oficiais de estudantes doutras linguas
C52 Desenvolver e evaluar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes
C64 Relacionar teoría e práctica coa realidade do aula e do centro
C65 Participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando desde a práctica
D1 Capacidade de análise e síntese
D2 Capacidade de organización e planificación
D3 Comunicación oral e escrita na lingua materna
D6 Capacidade de xestión da información
D7 Resolución de problemas
D8 Toma de decisións
D9 Traballo en equipo
D14 Razoamento crítico
D16 Aprendizaxe autónoma
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000