Guia docente 2023_24
Escuela Universitaria de Profesorado de E.G.B.
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Desenvolvemento da linguaxe
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

Metodoloxías docentes que se manteñen

As metodoloxías docentes serán as mesmas nos tres escenarios, ca única diferenza do espazo onde se desenvolverá a actividade. No caso da docencia en modalidade mixta ou semipresencial, as metodoloxías levaríanse a cabo de modo presencial e virtual. Por outra banda, no caso da docencia a distancia, as metodoloxías previstas adaptaríanse a una modalidade exclusivamente virtual.

Metodoloxías docentes que se modifican

Non se modifica a metodoloxía docente, excepto, como se indicou no apartado anterior, o espazo no que se desenvolve: presencial ou virtual, ou ambos.

Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)

No caso da docencia semipresencial, as titorías poderán realizarse presencialmente e/ou a través da plataforma. No caso da docencia a distancia, as titorías realizaranse unicamente a través das plataformas habilitadas para tal fin.

Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir

Non hai modificacións nos contidos.

Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe

A bibliografía adicional será proporcionada ao longo do desenvolvemento da materia.

Outras modificacións

En calquera das tres modalidades de docencia que se contemplan, utilizarase a plataforma da universidade como ferramenta complementaria no caso da docencia presencial (subir os documentos, enviar avisos, etc.) e como ferramenta única de desenvolvemento das sesións e da materia.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

Non hai cambios nin nos instrumentos nin nos criterios de avaliación establecidos na guía docente ordinaria.

Probas pendentes que se manteñen

Todas as probas propostas na guía docente para as vindeiras convocatorias mantéñense en calquera das tres modalidades previstas (presencial, mixta e a distancia) para o curso 2021-2022. Os criterios de avaliación, así como a súa ponderación sobre a nota final se manteñen, tanto para o alumnado asistente coma para o non asistente. O único cambio que se rexistra na avaliación ten que ver co tipo de proba e lugar de realización da mesma. Así, no caso da docencia mixta ou presencial, a proba de avaliación consistirá nun exame de desenvolvemento e poderán ser realizadas de modo presencial, dependendo das instalacións e medios dispoñibles. No caso da docencia a distancia, todas as probas serán realizadas virtualmente a través da plataforma e a modalidade de exame pasaría a ser tipo test.

Probas que se modifican

Para o curso 2021-2022, non hai modificacións nas probas de avaliación, agás no referido á modalidade de avaliación a distancia.

Novas probas

Non se prevén novas probas de avaliación.

Información adicional

Non hai.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000