Guia docente 2023_24
Escuela Universitaria de Profesorado de E.G.B.
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Recursos para o ensino das matemáticas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación da materia. Recollida de información sobre os coñecementos do alumnado sobre recursos na aula de matemáticas.
Lección maxistral Exposición por parte do docente dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno/a debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a ejercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados.
Obradoiro Actividades enfocadas á adquisición de coñecementos procedimentales, habilidades manipulativas e instrumentais en cada unha das temáticas desenvolvidas na materia. Traballaranse de forma individual e/ou grupal.
Traballo tutelado O estudante, de maneira individual ou en grupo, elaborará un caderno de traballo no que mostrará o seu coñecemento do currículo de Educación Primaria e como introducir o uso de materiais na aula para favorecer unha aprendizaxe significativa.
Completarase con reflexións persoais, a partir da procura e lectura de documentos que permitan profundar ou complementar a temática tratada nas clases.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000