Educational guide 2023_24
Escola Universitaria de Profesorado de E.X.B.
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Literatura infantil e xuvenil
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Elaboración de traballos destinados a profundar en autores ou textos de LIX. 40
Presentación Exposición oral dos traballos realizados. 20
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame en que se valorará a asimilación dos contidos impartidos e a capacidade de aplicación dos mesmos. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O exame final terá lugar na data establecida oficialmente. A data oficial pode consultarse na páxina web da Escola: https://www.escuelamagisterioceuvigo.es/organizacion-academica/


A proba "exame de preguntas de desenvolvemento" non computará na avaliación se non se obtén na mesma, como mínimo, a cualificación de aprobado (2 puntos).

A participación e o esforzo no desenvolvemento das distintas actividades da aula serán valorados positivamente.

O alumnado que non cumpra co 80% da asistencia será avaliado pola modalidade global.

O alumnado que desexe ser avaliado pola modalidade global ha de contactar coa profesora durante o primeiro mes do cuadrimestre, conforme ao estipulado no artigo 19 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (aprobado no claustro do 18 de abril de 2023).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000