Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Profesorado de E.X.B.
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Ética e deontoloxía profesional
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Seminario A dinámica de seminario implica a coa-responsabilidade na presentación de lecturas especialmente escollidas para suscitar a reflexión sobre problemas específicos e as achegas de cuestións e contribucións que evidencien un grao de comprensión da materia e dos problemas correspondentes.
Foros de discusión Posta en común e deliberación ao redor de cuestións relativas á materia. Na maior parte destes casos, a posta en común presupón o traballo individual previo sobre as cuestións a examinar.
Estudo de casos Análise e razoamento de casos prácticos e *dilemas de ética profesional en contextos educativos.
Lección maxistral Desenvolvemento por parte do profesor dos principais conceptos e contidos do temario, apoiado polas lecturas sinaladas e en interlocución coa clase.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000