Educational guide 2023_24
Escola Universitaria de Profesorado de E.X.B.
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Lingua galega
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumando, así como a presentar a materia e o sistema de traballo.
Avaliación inicial mediante un modelo de comentario de textos.
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, con especial atención á gramática do idioma.
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno/a debe desenvolver as solucións axeitadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Adóitase empregar como complemento da lección maxistral.
Traballo tutelado Elaboración, de maneira individual, de textos escritos sobre unha temática concreta (estudo dialectolóxico e/ou análise de calquera aspecto relacionado co programa) que se especificará na aula para o cal o alumnado deberá procurar información, manexar bibliografía, redactar, etc.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000