Guia docente 2020_21
E. U. de Profesorado de E.X.B. "María Sedes Sapientiae"
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Aprendizaxe e desenvolvemento da motricidade na educación primaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Prácticas de laboratorio Posta en práctica dunha sesión para desenvolver as habilidades motrices e perceptivomotrices nos alumnos de educación primaria. 20 CG1
CG2
CG5
CG8
CG9
CG11
Traballo Deseño e elaboración dunha sesión na que se traballen os contidos da materia. 40 CG1
CG2
CG3
CG4
CG5
CG6
CG8
CG9
CG10
CE57
CE58
CE59
CE60
Exame de preguntas obxectivas Probas de resposta pechada, de verdadero o falso ou de resposta curta na que se comproben as competencias acadadas polo alumnado. 40 CG1
CG2
CG3
CG4
CG5
CG6
CG8
CG9
CG10
CG11
CE5
CE6
CE13
CE16
CE57
CE58
CE59
CE60
CT3
CT5
CT6
CT7
CT8
CT9
CT10
CT12
CT14
CT16
CT17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia será necesario alcanzar o 50% da cualificación na proba teórico-práctica e no traballo obrigatorio, senón non contarán para a nota final.

Será imprescindible entregar a ficha de elección de itinerario debidamente cumprimentada para poder realizar a proba final da materia, así como coñecer as cualificacións obtidas ao longo do cuadrimestre.

Unha vez que a profesora entrase na aula, pechado a porta e comezado a explicación da materia, non se poderá entrar na clase.

Unha vez comezada a clase o alumnado avisarán á profesora se tivesen que ausentarse. Abandonar a aula sen que finalizase a clase implicará a anulación da asistencia,considerándose que o alumno/a faltou a parte da clase.

A non realización da clase práctica será considerada como falta de asistencia.

Aquel alumno/a que non realice a clase práctica ou saque o móbil para chatear, responder a unha mensaxe ou xogar, será inmediatamente expulsado da aula.

Contarase a asistencia por cada hora de clase, non considerándose as clases que duran dúas horas como unha única falta de asistencia, senón dúas.

As faltas de asistencia non serán xustificadas baixo ningún concepto.

O alumnado que supere o 10% de inasistencia ás clases, teóricas e prácticas, deberá realizar unha proba final de características diferentes á daquel que asista á totalidade das sesións. Neste caso realizarase unha proba tipo test cos contidos teóricos (50%) e unha proba de competencias prácticas (50%).

Avaliación de competencias teóricas

50%

Avaliación competencias prácticas

50%

Constará dunha proba obxectiva de competencias teóricas.

O manual de referencia para a parte teórica da materia é o seguinte:

Granda, J., e Alemany, I. (2003). Manual de aprendizaje y desarrollo motor. Barcelona: Paidós.

Constará dunha serie de preguntas que versarán sobre os procedementos e competencias desenvolvidas nas clases prácticas.

O alumnado que, por motivos persoais ou laborais, non vaian asistir ás clases deberán poñerse en contacto coa profesora da materia para concertar unha hora de titoría.

Respectaranse rigorosamente as datas de entrega dos traballos. Non se recollerá nin entregará ningún fóra da mesma.

Non se lerá nin corrixirá ningún traballo no que o parágrafo non estea “xustificado”.

Entregar un traballo que estea plaxiado parcial ou completamente da internet será anulado.

Terase en conta as faltas de ortografía para a avaliación de cada un dos traballos presentados en clase, traballo obrigatorio e exame final da materia. Por cada falta de ortografía descontarase 0,2 da nota final.

Haberá un único día de revisión de exame, fóra do mesmo non se revisará nin modificará ningunha nota.

Existe unha data oficial de realización de exames que será respectada e mantida, salvo enfermidade ou operación do alumno/a. Neste último caso solicitarase por escrito en secretaría, posteriormente será valorado pola profesora da materia e a dirección do centro se é procedente ou non modificala.

Realizarase un único exame sobre os contidos teóricos que se fará no día e hora que figure no calendario oficial publicado na páxina web de lle Escola (http://www.escuelamagisterioceuvigo.es/organizacion- academica/escola-maxisterio- vigo- ceu- examenes. php). Non será posible realizar o exame en calquera outro día.

De non ter superada a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xuño-xullo. Non será posible realizar o exame en calquera outro día.

Para que un correo electrónico sexa lido debe cumprir os seguintes requisitos: a dirección de correo debe ser seria, no asunto detallarase o contido principal do correo, terá unha presentación correcta, formal e ben redactada coidando o ton, o vocabulario e sen faltas de ortografía. O alumno/a presentarase debidamente indicando o seu curso, especialidade e materia.

Non se responderán a correos electrónicos durante as fins de semana e o período vacacional.

Non se realizan titorías fose do horario establecido nin durante o período vacacional.

Non se responderán dúbidas por correo electrónico durante o día previo á realización do exame.

Todos os aspectos deben verse cumpridos satisfactoriamente. O non cumprimento dalgún deles supoñería o suspenso da materia. Poderase superar cada apartado de forma individual cumprindo cos requisitos establecidos na seguinte convocatoria.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000