Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Profesorado de E.X.B.
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Psicoloxía: Psicoloxía da educación: Procesos de aprendizaxe escolar
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar
B4 Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá
B5 Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuir á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes
B6 Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Desempeñar as funcións de titoría e de orientación cos estudantes e as súas familias, atendendo as singulares necesidades educativas dos estudantes. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida
B9 Valorar a responsabilidade individual e colectiva na consecución dun futuro sustentable
B10 Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre os estudantes
B11 Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural
C1 Comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao periodo 6-12 no contexto familiar, social e escolar
C11 Coñecer os procesos de interacción e comunicación no aula
C12 Abordar e resolver problemas de disciplina
C13 Promover o traballo cooperativo e o traballo e esforzo individuais
C20 Mostrar habilidades sociais para entender ás familias e facerse entender por elas
D2 Capacidade de organización e planificación
D3 Comunicación oral e escrita na lingua materna
D8 Toma de decisións
D9 Traballo en equipo
D10 Traballo nun equipo de carácter interdisciplinar
D12 Habilidades nas relacións interpersoais
D16 Aprendizaxe autónoma
D17 Adaptación a novas situacións
D20 Coñecemento doutras culturas e costumes
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000