Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Profesorado de E.X.B.
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Educación: Novas tecnoloxías aplicadas á educación primaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Participación activa do estudiantado tanto en clases teóricas como prácticas de temas relacionados cos contidos da materia como de temas proposto polo alumnado complementarios ao temario. 20 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
C2
C5
C6
C7
C8
C9
C11
C13
C15
C16
C17
C19
C23
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D22
Traballo tutelado O estudantado desenvolverá tres exercicios tutelados de forma grupal cuxo desenvolvemento supervisarase por parte do docente durante as sesións prácticas. 40 A1
B1
B2
B10
B12
C2
C5
C6
C8
C11
C15
C17
C19
D1
D2
D3
D4
D5
D14
D15
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Ademais, poden combinarse con probas de resposta curta e/ou
larga dependendo do tipo de exame.
40 A1
B1
B2
B6
B10
B12
C2
C5
C6
C8
C11
C15
C17
C19
D1
D2
D3
D4
D5
D14
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O sistema de avaliación pretende facer ao alumnado partícipe do seu proceso de aprendizaxe. En liñas xerais procurarase unha AVALIACIÓN CONTINUA na que teranse en conta tanto os coñecementos previos do alumnado coma a súa participación activa e responsable no proceso de aprendizaxe e no seu resultado final.

A calificación final do sistema de avaliación continua será o resultado da suma das distintas notas obtidas das actividades realizadas, segundo as porcentaxes asignadas, tal e coma queda estipulado no cadro superior. Para aprobar a materia hai que superar os traballos e o exame. Mentres non se aprobe o exame non se sumarán as notas dos traballos tutelados e do traballo en clase. Aqueles alumnos que non aproben a materia na primeira convocatoria se lles manterá a nota daqueles traballos/actividades superados e terán que realizar novamente o exame e os traballos/actividades non superados na segunda convocatoria.

AVALIACIÓN GLOBAL: Aquel alumnado que non asista ás clases ou se ausente máis dun 20% do cómputo total das aulas impartidas (6 días, 12 horas) deberá acollerse ó sistema de avaliación global que se desenvolverá segundo o establecido nos artigos 19 e 21 do Regulamento sobre Avaliación, a Calificación e a Calidade da Docencia e do Proceso de Ensinanza do Estudantado, aprobado polo Claustro da UVigo, o 18 de abril de 2023. 

Todo traballo copiado, plaxiado o realizado pola IA será calificado cun 0.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000